Recursos

buscar

Recursos.

Proyectos

CODOLGA - Corpus Documentale Latinum Gallaeciae

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae naceu co propósito de elaborar un corpus textual o máis completo e actualizado posible de toda a documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia ata o ano 1500. Abrangue os textos historiográficos en sentido amplo e os recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.

Ata o de agora, resultaba imposible poder facer algún tipo de estudio exhaustivo a partir da documentación latina medieval galega ao completo, pois, espallada en bibliotecas e arquivos tanto provinciais e locais como estatais de diversos países, estaba publicada en edicións máis ou menos restrinxidas topográfica e tematicamente e de moi diversa calidade; ás veces, vellas edicións de séculos pasados. Así mesmo, hoxe quedan aínda moitos inéditos, a pesares de que, afortunadamente, non cesan de saír do prelo novas coleccións que, paulatinamente, irán incorporándose ó corpus.

Con esta intención, CODOLGA comezou no número anterior a publicación de inéditos e novas edicións de textos e documentos medievais da Gallaecia -a documentación do mosteiro de Santa María de Meira- que se continúa neste número coa edición dos documentos do tombo de Toxosoutos de F. J. Pérez Rodríguez, cedidos xenerosamente polo Consello da Cultura Galega nun afán de colaboración e difusión da cultura de Galicia. Esta nova liña queda aberta a traballos de investigación que se remitan a CODOLGA para a súa publicación

O proxecto materialízase nunha base de datos que conta con 11812 de rexistros, que reflicten o contido de 151 edicións. Aos 8016 documentos ofrecidos para a consulta externa no número anterior, engádense agora 606 novos do Liber Fidei.

Paralelamente a isto, o equipo de investigación do proxecto está a facer unha edición propia, totalmente revisada e posta ó día, dos 180 rexistros que compoñen toda a Documentación Real anterior ao ano 1000 incluída nesta Base de Datos.

A infraestrutura informática na que está inserida esta enorme cantidade de documentación permite realizar buscas de calquera palabra ou conxunto de palabras segundo diversos criterios, o que fai deste corpus textual unha ferramenta básica para investigacións de diversa índole: lingüística, literaria, histórica, cultural ou sociolóxica.

Más información: http://corpus.cirp.es/codolga/

| Volver a la página anterior |

© 2017 - Todos los derechos reservados

XHTML Valido ¡CSS Válido!